CONEXIÓNS DAS PELÍCULAS DE DISNEY&PIXAR
Queridos Peter Pans, hoxe véñovos falar acerca dos "easter eggs" que conectan todas as películas producidas por Disney&Pixar.
Comeza conectando a recente película e secuela "Buscando a Dory" coa premiada mellor película de animación do 2016 nos premios Oscar, "Del Revés". Dise que un dos nenos que visitan o Instituto de Bioloxía Mariña de California, no momento no que Dory chega alí na búsqueda dos seus pais non é outra que Riley, a nena protagonista da tamén nomeada como "Inside Out". A verdade é que no primeiro momento non me pareceu moi certo pero hai que fixarse para ver que realmente estas dúas nenas son cuspidiñas.
Como segunda conexión, seguindo con esta película, temos a aparición dun dinosaurio, un triceratops, nun recordo de Riley, que se relaciona coa película "The Good Dinosaur" o en España "El viaje de Arlo". Nela fai aparición un dinosaurio moi parecido ao da imaxe en "Del Revés".
Continuando con "El viaje de Arlo", este dinosaurio aparece en forma de xoguete e cun tamaño bastante máis reducido no chan dunha habitación na película "Monstruos University". É tan só un instante e seguramente cando víchedes a película non vos distes conta pero ahí está Arlo, o noso pequeno amigo.
E seguindo con monstros temos a Sulley Sullivan, tallado nun cacho de madeira na cabaña da bruxa de "Brave". Algunhas teorías contan que Boo podería ser esta feiticeira. E aínda que é algo dudoso... Quen sabe nada con estos de Disney&Pixar?
A seguinte na seguinte escea mostrase ese tapiz que enmarca a toda a familia de Mérida, que tamén se pode ver na película"Cars". Esta referencia é moi visible e clara, o difícil é pillar ese momento cando vemos a película.
E o coche máis chulo de todos, o querido por todos os nenos e nenas, Rayo McQueen, fai unha aparición, tamén como xoguete, na saga de "Toy Story", na última película. Indícannos que é un dos xoguetes esparexidos polo chan de "Sunny Side" a guardería na que se desenvolve a trama.
Este é un dos "easter eggs" menos claros de todos os do vídeo, na miña opinión. Os automóviles de xoguete adoitan ser vermellos, o único que nos pode facer pensar neste personaxe sería esa raia amarela.
Un dos meus favoritos, ese malo malísmo, o oso Lotso, na esquiña da habitación dunha nena que ve pola súa ventá como ascende a casa do señor Fredricksen e o ceo comeza a cubrirse de millóns de globos de colores, nunha das grandes, "Up".
Outra entrañable personaxe desta largometraxe, o can Dug, fai acto de presencia na culinaria película "Ratatouille". Bueno, mellor dito, a súa negra sombra. Mentres tanto, o chef principal do "Gusteau's", Skinner, recorre as rúas de Francia, na súa scooter vermella, que nos sirve de fío conector coa seguinte película, Wall-e. Forma parte dos montóns de basura que Wall-e encárgase de converter en cubos.
na seguinte escena voltamos con "Ratatouille" e co seu restaurante, que se semella moito ao "Gastow's", incluso o escenario no que está situado é parecido. Co "Gastow's" estamos falando de "Cars 2".
Seguimos a falar de auntomóviles con Doc Hudson, o xuíz de Radiador Springs, cidade onde remata McQueen por accidente na primeira entrega da saga, que pronto terá unha nova película este 2017.
Doc aparece no fondo da pelexa de Mr. Increíble contra o Omnidroid 10 na película "Los Increíbles".
E é o mesmo Mr. Increíble ou Bob para os amigos, o que aparece como protagonista dun cómic que está a ser lido por un neno que espera na clínica dental na película "Nemo". E este pequeno peixe paiaso resulta ser un dos xoguetes favoritísmos de Boo, xa que estallo a mostrar a Sulley en "Monstruos SA".
Pero Boo é unha coleccionista de personaxes famosos de Disney&Pixar, xa que ao carón da porta do seu dormitorio temos a unha vaqueira ben coñecida, a encantadora Jessie, gran amiga de Woody e a súa pandilla de xoguetes, que xuntos protagonizan as películas de "Toy Story".
Nunha delas podemos observar tamén outra adaptación a xoguete dun personaxe, neste caso a formiga Filk, que vive unha boa aventura en "Bichos".
Por último preto do fogar destes tolos insectos temos o vehículo do Pizza Planet, que como todos sabemos, aparece tamén na primeira película de "Toy Story".
E estes son os "easter eggs" que recolle o vídeo que vos deixo aquí abaixo. Vosoutros os dérades de conta deles cando víchedes as películas por primeira vez? Parécevos sorprendente? Cal foi o que vos impresionou máis? Deixademe todo o que queirades dicir ao respecto nos comentarios e espero que vos gustase moito a miña entrada. Lémonos pronto, a vosa máxica fada madriña,