Cute Finding Nemo

viernes, 10 de marzo de 2017

A HISTORIA ORIXINAL: "LA BELLA DURMIENTE"


Todos coñecemos a historia desta princesa, Aurora: recibe unha maldición de nena pola cal aos 16 anos pincharase coa agulla dunha roca e sumirase nun profundo sono. Isto sucede e a princesa durme ata que o bico dun aposto príncipe a esperta.



Esta é a versión máis coñecida, pero a orixinal e máis antiga rexistrada escribiuse en 1635 por Giambattista Basile, baixo o título "Sol, Lúa e Talía":




Talía, a filla dun gran rei, corre o risco de pincharse cunha estela envelenada oculta entre liño, según lle advirten ao seu pai sabios e astrólogos. O rei decide prohibir a entrada de lino ao palacio e así mantén á princesa sá e salva ata que un día, sendo xa adolescente, atopa unha roca para hilar liño e se lle crava baixo a unlla, caendo morta. O rei, doído pola pérdida e incapaz de enterrala, deposita o cadávere da súa filla sobre unha tela de terciopelo, pecha o palacio e abandóao.

Un nobre que adoita cazar no bosque segue ao seu falcón, que o atrae ao palacio abandoado, onde encontra á princesa, que en realidade non estaba morta senón baixo un profundo sono. Rápidamente queda prendado pola súa fermosura e, non contento con bicala, tras intentar espertala, viólaa.

Nove meses despois a princesa Talía, aínda durmida, dá a luz a dous xemelgos, un neno e unha nena chamados Sol e Lúa. Os nenos son coidados polas fadas que acompañan á princesa mentres durme. Un día o neno trata sen éxito algún collerse do peito da súa nai, atopando finalmente o seu dedo. Tras chupálo, logra casualmente extraerlle da pel á súa nai a estela envelenada, facendo así que esta recupere nese preciso momento o coñecemento, uns cen anos despois de caer durmida.

Pasa o tempo e o nobre decide acudir de novo ao palacio, encontrándose alí coa princesa e as dúas criaturas. O príncipe dase conta de que son os seus fillos e así llo explica a Talía, que lonxe de enoxarse decide iniciar unha relación consentida con el.

Pasan xuntos unha marabillosa semana e entón o nobre marcha de novo, xa que ten unha esposa, que cando se entera da dobre vida do seu marido ao escoitalo falar en soños de Talía, Sol e Lúa, ordena raptar aos nenos, degolálos e facer coa súa carne un sabroso prato.
Non contenta, decide queimar viva a Talía. Esta solicita poder quitarse as súas prendas máis delicadas, ao que a muller accede. Con cada prenda a princesa emite un grito de dor, sons que o nobre acaba oíndo.

A esposa explícalle ao seu marido que Talía vai ser queimada e que, durante a comida, comérase aos seus fillos. Non obstante, en realidade Talía non chega a queimarse e o cociñeiro, que se vía incapaz de lastimar aos pequenos, substituíraos por carne de cabra.

Finalmente, o nobre manda queimar a súa esposa na fogueira, casa con Talía e otórgalle ao cociñeiro o título de tesoreiro real.


 
Como podedes ver, esta historia non é en absoluto apta para nenos e está claro que pasou por un gran proceso de docificación e infantilización, o que eu chamaría "boa capa de maquillaxe", ata transformárse na historia relatada na famosa película de Disney.
Ademais, as fadas que axudan a Aurora na película case non aparecen! Pero e que Disney sabe ben o que é calidade, e claro, nós non podíamos faltar!







Comparando as dúas versións, identifícome moitísimo con Peter Pan... Eu quixera ser nena para sempre!
E vós, con cal vos quedades?




          Flora 🌺

lunes, 6 de marzo de 2017

TEORÍAS DISNEY&PIXAR


Nesta entrada, meus pequenos fanáticos, vou citar algunhas das teorías Disney&Pixar máis curiosas e incribles, para que vos comades a cabeziña un pouco.
Obviamente, son simples hipóteses e non están confirmadas, pero todas teñen unha base moi sólida e a min, persoalmente, encántame lelas e descubrir un pouquiño máis sobre todo este universo animado.
Imos aló:




O PROFESOR PORTER É WALT DISNEY
 
A teoría defende que o profesor Porter, o pai de Jane, representa ao mismísimo Walt Disney. Baséase en que o profesor Porter tiña dotes de dirección, debido á utilidade dese proxector e que dadas as habilidades incribles de Jane para o debuxo, esta axudou ao seu pai a crear todas as demáis famosas películas dentro de Tarzán, sendo así ela a primeira animadora disney. Supostamente, esa é a historia de Walt Disney. O creador de tantas películas foi tamén apoiado por un familiar, o seu irmán Roy Disney.






ENREDADOS, FROZEN, TARZÁN E A SIRENITA

De algunha maneira, existe unha unión entre estas catro películas. Como? Unha teoría defende que a película de Frozen ten lugar en Noruega, mentras que Enredados en Alemaña, grazas a algúns datos que se aportan nas películas. Así, os pais de Elsa e Anna morreron mentras viaxaban á boda de Rapunzel, á que podemos ver xunto a Flynn na película Frozen na coroación de Elsa. Tras entrar nunha tormenta nas costas de Dinamarca, o barco afúndese, sendo así o barco que vemos na película da Sirenita, que ten lugar en Dinamarca.
Ademáis nunha conferencia realizada pola compañía, un dos guionistas da película Frozen admitiu que os pais de Elsa non morreron tras o accidente, senón que remataron nunha illa e morreron devorados por un leopardo. Sóavos? Desa maneira é como morren os pais de Tarzán, o que significaría que este último é irmán de Elsa e Anna.

Imagen relacionada
Imagen relacionada

Resultado de imagen de padres tarzan

JANE É A NETA DE BELLA

De novo en Tarzán, podemos ver a Terk facendo que toca uns tambores golpeando unha colección de taciñas de té que se parecen moito ás que formaban parte a señora Potts e ao seu pequeno Chip na película La Bella y La Bestia. ¿Herdaríaas da súa avóa? 
De todas formas, non nos sorprendería este parentesco, xa que hai que admitir que o parecido entre ambas é innegable.
Imagen relacionada



KOPA, O FILLO DE SIMBA

Esta teoría fixo chorar a moitos pola súa profundidade e polos argumentos que a defenden. Para comezar, debemos destacar que os leóns machos eran de cor diferente ás femias. Se vos fixades ben no final da primera parte da película, o fillo mostrado de Simba era amarelo intenso, é dicir, un varón. Sen embargo, na seguinte parte, a criatura pasa a ser de cor crema, ou sexa, unha femia. Sendo así, a pregunta era: que aconteceu co fillo de Simba?
Antes de publicar a segunda película, Disney publicou unha serie de libros complementarios nos que se falaba de Kopa, o primeiro fillo de Simba.
Segundo esta especulación, Kopa foi asasinado por Zira, a antagonista da secuela. Argumentos? Non te preguntaches nunca por qué Simba desterrou á leoa ou por qué sobreprotexía a súa filla Kiara?
E se isto non che é suficiente, na escena onde aparecen Kiara e Kovu e Simba confronta a Zira, esta ofrécelle ao seu fillo para que vengara a morte de Kopa coa morte do cachorro dela.



Resultado de imagen de hijo de simba



GOTHEL DE ENREDADOS É A MADRASTA DE BLANCANIEVES

Son moi parecidas físicamente, pero os fans sustentan a súa teoría na daga que Gothel garda nunha caixa, igual á da bruxa. Ademáis, ambas están obsesionadas coa beleza e con manterse novas.

Resultado de imagen de gothel es bruja blancanieves

Resultado de imagen de gothel enredados daga



BOO EN BRAVE

Segundo esta teoría, a bruxa que podemos ver nas escenas da película Brave é a mismísima Boo. Si si, a adorable nena de Monstruos S.A. Na cabana da bruxa podemos encontrar a imaxe tallada de Sulli que, xunto a Mike, axuda á pequena Boo a viaxar polas portas e por iso, cando esta é maior, quere viaxar polas portas outra vez para atopar ao seu amigo. Desta forma acabaría viaxando no tempo ata rematar na época de Mérida.



Resultado de imagen de boo en braveResultado de imagen de boo en brave




Isto é todo Peter Pans! Deixádeme saber a vosa opinión respecto a estas teorías nos comentarios, así como cal vos pareceu a máis fascinante e algunhas das vosas hipóteses.
Espérovos para o noso próximo té no País das Marabillas, que estará cheo de deliciosas e suculentas curiosidades!


Flora 🌺









TOP 1O DE...

TOP 10 DE...

Películas animadas Disney que resultaron pouco exitosas

Saúdos a todos e a todas, meus Peter Pans. No día de hoxe toca outro dos nosos tops 10. A lista que vamos ensinarvos nesta entrada non vai nun orden ascendente senón que simplemente os elementos que a forman son os que máis destacaban, pero na miña opinión ningún o facía máis ca outro. Simplemente vounas ordear cronolóxicamente.
Todos coñecemos esas películas de debuxos que marcaron a nosa infancia e das que os nosos pais estaban fartos de ver unha e outra e outra vez. Entre elas podemos recordar títulos como El Rey León, Buscando a Nemo, La Bella y la Bestia, Aladdín... Seguramente cada un de vos tedes unha película que marcou a vosa nenez. Podedes contarme nos comentarios cal das películas Disney&Pixar era a vosa favorita, e se iso cambiou.
Pero, hoxe vimos falar xusto do contrario, das olvidadas, desas películas que daban pola tele as tardes do fin de semana, esas que non adoitan ser as favoritas de ninguén, e por iso hoxe, imos recordalas e facerlles unha mención especial.
Comezamos!!


1. LOS ARISTOGATOS (1970)

Esta é unha adaptación da historia co mesmo nome, escrita por Tom McGowan e Tom Rowe. Preséntanos a Duquesa, unha gata que vive coas súas tres crías na casa da súa dona millonaria, que planea deixarlles toda a fortuna tras a súa morte. Por este motivo, o seu mayordomo, Edgar, decide secuestrar aos gatos e facelos desaparecer para quedar coa herdanza. Duquesa esperta cos seus cachorros no medio da campiña, onde son axudados por O'Malley, un gato da rúa que decide guiálos de regreso a cidade.
Esta película é sen dúbida un clásico, pero no momento da súa estrea non obtivo a mellor recepción, sendo denominada como "aceptable" e incluso "regular". Un dos principais contras do filme é que moito do seu contido e referencias culturais pérdense a cauda da tradución a outro idioma.

Persoalmente esta película non podería dicir que é das miñas favoritas nin moito menos pero está ven para pasar un rato e ten algunhas cancións bastante divertidas.






2. BASIL, EL RATÓN SUPERDETECTIVE (1986)

Baseada na serie de libros infantís Basil de la Calle Baker, escritos por Eve Titus entre 1958 e 1982. Preséntannos as aventuras de Basil, un rato detective que rinde tributo a Sherlock Holmes, detective cuxas novelas foron redactadas polo impresionante Arthur Conan Doyle.
A película está protagonizada por este simpático rato, que está a investigar o caso dun fabricante de xoguetes que foi secuestrado polo vilán Profesor Ratigan, quen quere crear un autómata que imite a raíña. O filme está ambientado na cidade de Londres, na época vitoriana.
Basil, el ratón superdetective foi ben recibida polo púclico e pola crítica norteamericana, pero non da mesma maneira coa versión internacional, en parte debido a que recorre moito a un coñecemento previo da obra de Doyle para entender moitas das referencia, o que limitou a moito do público infantil para o cal estaba pensado.
Para min, esta peli é moi bonita e divertida. Eu son fanática das novelas de Conan Doyle, e Sherlock Holmes é un persoaxe que me encanta, de feito, vexo moitas series e vin moitas pelis baseadas na súa vida e aventuras xunto o doutor Watson. Por este motivo, esta película non podía decepcionarme. Eu penso que sen dúvida é divertida e, a pesar de que se fixeron moitas adaptacións, películas e series que tiñan como base estos persoaxes, é xenial que os nenos tamén podan disfrutar destos magníficos misterios. 
Déixovos por aquí unha canción da película que a verdade e que recordo moi ben de cando a escoitaba de pequena 😋










3. OLIVER Y SU PANDILLA (1988)

Esta película segue as aventuras de Oliver, un cachorro de gato orfo que quedou só na cidade e que finalmente é axudado por Dodger, un Fox Terrier da rúa truán que lidera unha banda de cans ladróns e carteiristas para Fagin, un pequeno delincuente pero de bo corazón. Dodger é un can despreocupado, intelixente, carismático experto no roubo e nas rúas, baseado en Jack Dawkins, alias O Tramposo Dodger, o neno ladrón en Oliver Twist. Fagin intenta cobrar un rescate por Oliver a unha familia de diñeiro pero vese envolto por un intento de secuestro liderado por Skyes, un prestamista desalmado.
A banda de cans liderada por Dodger, está formada por:
  •  Tito, un diminuto can chihuahua, con moito carácter para o seu tamaño, que está tolamente namorado de Georgette, unha pretenciosa caniche mascota dos Foxworth.
  • Einstein, un Gran Danés gris, amigable e inocente.
  • Francis, un bulldog con acento británico aficionado á arte e ao teatro.
  • Rita, saluki responsable, madura e moi fermosa, a única femia deste peculiar grupo. 
Este filme está algo baseado (MOI libremente) no libro Oliver Twist, escrito por Charles Dickens en 1838,
Foi a primeira película de Disney ambientada na actualidade (desa época) e pese ao seu éxito moderado nas salas, non foi posta á venta para os fogares ata oito anos despois, o que reduciu moito a súa popularidade en moitos países, e fíxoa pasar desapercibida.
Se non a coñecíades, recoméndovola. Para min, unha película moi tenra, con personaxes sen dúvida divertidos, que ensina sobre a amizade e a pesar de que o adoza moito, por suposto, xa que é unha peli dirixida principalmente a un público infantil, ilustra a realidade dos animais da rúa e que foron abandoados, comparándoa coa vida das mascotas que posúen todos os luxos.






4. DINOSURIO (2000)


Filmada en escenarios reais pero empregando imaxes computarizadas para recrear animais prehistóricos. 
Esta película preséntanos a Áladar, un dinosaurio iguanodon cuxo ovo é robado do nido e termina sendo rescatado por unha familia de lémures. Ao comezar a chuvia de meteoros que altera a Terra comeza a separación dos continentes. 
Áladar, xa adulto, debe emigrar coa súa familia xunto as manadas de hervíboros para buscar un lugar con auga, mentres escapan dos depredadores.
Xunto a Zini e Neera, Áladar atopa unha grande amizade e amor.

Aínda que visualmente esta película destaca incluso actualmente, segundo os críticos a historia é simple e bastante xenérica, pecando de ter demasiados diálogos innecesarios. A estrutura argumental é tan básica, incluso predicible, que permitiría que a película funcionara mellor sendo muda. 

En resumo, unha animación marabillosa cunha historia que se lle queda escasa e pequena para a calidade da imaxe.




5. ATLANTIS, EL IMPERIO PERDIDO (2001)

Atlantis, película provista dunha gran preprodución e dun traballo coidado tanto no desenvolvemento dos escenarios como na personificación dunha cultura atlante, tendo un idioma fiticio, propio, coherente e funcional.

A trama xira en torno a Milo Thatch, un mozo lingüísta fascinado coa cidade perdida da Atlántida, que logra formar parte dunha viaxe de investigación independente. Milo e o equipo conseguen chegar ata esta cidade hundida, onde se revelan os integrantes que planeaban saquear a cidade para enriquecerse.
Foi catalogada pola crítica como demasiado complexa pero resolta de maneira simple e algo apresurada. Nesto a verdade e que estou bastante de acordo. O tema da película paréceme único e pouco visto, ademais de moi interesante, pero penso que non o souberon enfocar demasiado ben.

Tampouco tivo moita sorte nas salas, dado que ese mesmo ano competiu coa gañadora do Oscar, Sherek, película de Dreamworks.





6. EL PLANETA DEL TESORO (2002)

Baseada de forma libre na novela "A Illa do Tesouro", escrita en 1883 por Robert Louis Stevenson.
A histora, aínda que cambiada, é esquemáticamente igual ca do libro. Céntrae en Jim Hawkins, adolescente problemático que herda un mapa estelar para atopar o planeta onde o temible pirata Flint escondeu un enorme tesouro. Durante a viaxe, Jim faise amigo de "Long", John Silver, o cociñeiro de abordo que resulta ser un pirata que pertenceu a tripulación de Flint e que planea tomar o tesouro para el.
Aínda que tivo certo éxito, a película foi moi atacado polos amantes do libro orixinal, planteando que é moi "ofensiva" para a obra de Stevenson, pecando ademais de presentar personaxes un tanto estereotipados cun protagonista principal pouco carismático. 
Pasando a miña opinión persoal... Serei un becho raro, pero a min gustoume. De pequena recordo vela e quedar namorada do seu protagonista, Jim. Ademais da extraña forma de vida rosa que aparece, Morfo. 
Penso que esta película rompe un pouco coas demais películas de Disney, e ten un estilo e unha imaxe preciosas. 




7. ZAFARRANCHO EN EL RANCHO (2004)

Esta película está ambientada no vello oeste, a historia xira en torno a Maggie, a Señora Calloway e Grace, un trío de vacas que deciden capturar a Alameda Slim, un peligroso ladrón de gando, para cobrar a recompensa e salvar da bancarrota a granxa na que viven. Durante a viaxd son perseguidas por Buck, un cabalo desexoso de aventuras que quere capturar el só a Alameda para probarse ante Rico, un famoso caza recompensas. 
Este filme está pragado de divertidas referenzas aos vellos clásicos western e a shows televisivos dos oitenta. A película está considerada como unha das máis regulares de Disney; divertida, pero olvidable, xa que a súa cantidade de drama é bastante baixa. facendo que sexa práticamente unha comedia paródica para nenos. 
Na miña opinión ten momentos graciosos pero quédase algo absurda e sen sentido.




8. CHICKEN LITTLE (2005)

Inspirada (moi lixeiramente) por unha fábula norteamericana do mesmo nome. A historia xira en torno a Chicken Little, un polo pequeno que se converteu no centro das burlas do seu pobo cando alertou a todos berrando  que o ceo estábase caendo. Cando finalmente logr saír desa sombra de vergonza, volve a sufrir un accidente que lle proba que hay extraterrestres sobre o seu pobo, os cales están buscando ao seu fillo desaparecido na terra.
Esta película chamou a atención do público e os seus números foron bos, pero as críticas condearon o filme como aburrido, sen estrutura sólida e con personaxes pouco carismáticos que simplemento non sabían chegar ao público.
Segundo a miña opinión é unha peli divertida con moitos momentos nos que escachei de risa. Peca un pouco de meter moitas cousas e temas nunha soa película pero sen dúbida pode sacarte unhas boas gargalladas. Déixovos aquí, ademais do tráiler, un deses momentos máis característicos da película:







9. SALVAJE (2006)

O león Samson vive no zoolóxico de Central Park onde leva unha vida tranquila e relaxada, contándolle ao seu fillo Ryan sobre as súas aventuras cando vivía na selva, aínda que en realidade Samson mente, xa que foi criado no cativerio. Cando está a punto de confesarlle a verdade ao seu fillo, Ryan é erróneamente embarcado para devolvelo a selva. Samson e o seu grupo de animais do zoolóxico (e algúns da cidade), escapan para buscar ao cachorro.
Se algunha vez víchedes a película Madagascar poderedes atopar as moitísimas similitudes que hai entre estas dúas, pero é que Madagascar foi estreada no 2005, xa un ano antes. E se vos digo a verdade, se queredes unha película de esta temática, eu escollería a de Dreamworks, xa que é moito máis divertida e interesante, ten unhas personaxes moito máis divertidas e únicas, e con momentos que todos recordaremos... Eu quero marcha marcha! 
Ademais Salvaje tivo moitísimo menos éxito, neste caso, con razón. Tamén prefiro o estilo de debuxo de Madagascar, que fai ós personaxes menos realistas e é máis acertado. Síntoo por Disney, pero este partido gañouno Dreamworks!






10. DESCUBRIENDO A LOS ROBINSONS (2007)

Baseada de maneira libre no libro infantil de 1990: Un día con Wilbur Robinson de William Joyce.
A pelícua está enfocada en Lewis, un neno orfo que soña con convertirse en inventor. Un día chega ata o seu fogar Wilbur Robinson, un mozo da súa idade que leva a Lewis ata o futuro, onde toda a sociedade funciona grazas aos inventos do seu pai. Wilbur pretende que Lewis repare unha máquina do tempo, para poder deter a un vilán que está alterando a línea temporal.
Aínda que foi un éxito nos cines, a película recibiu críticas que a catalogaban entre moderadamente divertida ou incluso como un dos peores filmes animados de Disney, que se enfocaba máis no efecto impactante do detalle visual antes de desenvolver mellor aos seus personaxes.
Eu creo que non merece tan duras críticas. Se ben é certo que ás veces o argumento cambaléase un pouco nalgúns momentos, os escenarios e a animación son maravillosos, creando un futuro de cero, o cal paréceme que ten moito mérito. Ademais conta unha historia bonita e cunha grande creatividade que a min, persoalmente, fai que todas esas cores que se ven na pantalla me entreguen totalmente a película. Pode parecer unha película chea de loucura, pero a loucura non ten sempre que ser mala, se está chea de diversión!





E ata aquí este top, Peter Pans! Quero saber nos comentarios se coñecíades algunha, todas, ou ningunha destas películas e cal vos gusta máis ou menos. Para min a mellor destas sería Basil ou Oliver y su pandilla, e a peor Dinosaurios ou Salvaje, síntoo por aqueles aos que vos gusten! 😅
Pero penso que toda película merece ser vista por algunha razón ou por outra polo cal, dádelles unha oportunidade! 
Vémonos pronto na nosa seguinte entrada e tamén nos comentarios. Podédesme deixar o contido que queredes ver no noso blogue e ata entón... hakuna matata!!!


Primavera 💙🌻

domingo, 5 de marzo de 2017

TRASTORNOS DOS PERSONAXES DISNEY&PIXAR


Meus pequenos Peter Pans! Hoxe vou falar sobre algúns dos trastornos dos personaxes de Disney.
Direi sobre que trata o trastorno e porqué penso que ese personaxe o sofre. Espero que o desfrutedes e vos resulte tan interesante como foi para min investigalo.


Ariel (La Sirenita) :Sindrome de Dióxenes.

Ariel era unha xoven serea que soñaba con ser humana, polo que pasaba gran parte do seu tempo recollendo calquera tipo de utensilio que se caese dos navíos, ata o punto de acumular todo un arsenal de culleres, instrumentos musicais e outros obxectos. Para ela todo iso era un gran tesouro, pero a verdade é que concorda bastante coa descripción das persoas afectadas polo Síndrome de Dióxenes, que tenden a illarse na casa e xuntar lixos e todo tipo de obxectos inservibles.



Bella (La Bella y la Bestia) : Síndrome de Estocolmo.

Bella ten todos os síntomas típicos do Síndrome de Estocolmo, que é unha reacción psicolóxica a través da cal a vítima dun secuestro desenrola un vínculo afectivo co responsable. Nestes casos, o propio secuestrador tamén comeza a desenrolar sentimentos cara a vítima coma no caso da Bestia, que ata lle monta unha biblioteca xigante.



El Príncipe Encantador (La Cenicienta) : Prosopagnosia

O Príncipe Encantador é o nome do príncipe da Cenicienta. Seus pais organizaron unha festa no seu castelo ao que acudirían todas as mulleres solteiras de boa familia para que puidera elexir a unha como esposa. A Cenicienta quería ir, pero coma súa malvada madrasta non lle deixou, utilizou á maxia da súa fada madriña, que lle converteu os farrapos nun vestido de princesa e unha cabaza da horta na caroza; só hasta ás 12 da noite. Cando deron as campás da media noite, a moza estaba a bailar co príncipe é tivo que saír correndo do pazo deixándose atrás un zapatiño de cristal. Ao non poder alcanzala, o príncipe recolleu o zapato e decidiu probárllelo a todas ás mozas do reino en busca daquela que lle quedara ben. Pero... non era máis fácil ir de vivenda en vivenda buscando a cara da muller coa que estivera a noite anterior? Isto lévanos a pensar que o xoven padecía de prosopagnosia, que provoca que aqueles ca padecen sexan incapaces de recoñecer os rostros.



Alicia (Alicia en el País de las Maravillas) : Síndrome de Todd 
(ou quizais fungos alucinóxenos)

É probable que Alicia tivera unha mala adicción ao LSD o os fungos alucinóxenos, o tamén que padeza síndrome de Todd, unha enfermidade tamén chamada Síndrome de Alicia no País das Marabillas pola relación nos seus síntomas. Pode estar asociada a outros trastornos coma enxaquecas o a epilepsia e incluso nalgúns casos acompaña ás infeccións virais e se caracteriza pola presenza dalgunhas alucinacións visuais como distorsión dos tamaños, as formas os cores e incluso presenza de imaxes múltiples.



Pocahontas (Pocahontas) : Sinestesia e esquizofrenia.

O vento, por definición, non pode verse. Como moito, podemos ver o resultado a través das follas e outros obxectos que se moven, pero nunca o vento en si. Sí que é máis frecuente facer referencia a os sílvidos do vento, que tamén é unha consecuencia, pero é unha referencia máis común. Pero ela insistía en ver cores, polo que é posible que padecera sinestesia, unha cualidade que leva a quen as posúe a identificar cun sentido ou estímulo normalmente asociado a outro. Deste modo, estas persoas, por exemplo, solen afirmar que escoitan cores, que ven sonidos ou que descobren cores no vento. Por outra parte o feito de que Pocahontas fale cunha árbore e se comunique cos animais e espíritos é, para os creadores desta teoría, un claro síntoma de esquizofrenia. Isto caracterizase pola falta de percepción da realidade ou alteracións da percepción.




Peter Pan (Peter Pan) : Síndrome que leva seu nome.

No caso do síndrome de Peter Pan non se trata dunha personaxe cun síndrome, se non que hai un síndrome que leva directamente o seu nome. Como sabedes, este rapaz decidiu que non quería crecer, e escapou cara o País de Nunca Xamais, onde se fixo líder dos Nenos Perdidos. O problema é que algunhas persoas non aceptan que é inevitable crecer e acaban desenrolando este síndrome, caracterizado por síntomas asociados a ansiedade e a depresión, que normalmente preséntanse en acompaña dunha falla de autoestima.




 Aurora (La Bella Durmiente): Hipersomnia.

Aurora, a princesa que durmiu desde os 16 anos durante un longo período... sofre un caso grave de Hipersomnia. Este trastorno caracterizase por somnolencia excesiva diaria. Quen o padece sofre longos episodios de soño nocturno e continúa durmindo durante o día.




 Cenicienta (La Cenicienta) : Trastorno da personalidade por dependenza.

Segundo esta teoría, a princesa padece un trastorno da personalidade por dependencia. Os individuos que o sofren teñen uha necesidade excesiva de que se ocupen deles e un gran temor pola separación. Cenicienta era a servinte das súas irmás por parte de nai e pasa a ser a acompañante do príncipe.




Winnie Pooh (Winnie The Pooh) : Trastornos da conducta alimentaria.

Este trastorno caracterízase por comer moitísimo de maneira recorrente que se asocia a probas subxectivas e comportametales da falta de control sobre a alimentación e malestar clínicamente significativo, e que non se acompañan das estratexias
compensatorias (Exemplos: autoindución do vómito, abuso de fármacos, non comer...).



Piglet (Winnie The Pooh) :Trastorno por ansiedade xeneralizada.

A característica esencial do  trastorno de ansiedade xeneralizada é a ansiedade e a preocupación excesiva que se observan durante un período superior de 6 meses e que se centran nunha amplía gama de acontecementos e situacións.




Tigger (Winnie The Pooh) : Déficit de atención/hiperatividade.

Poderíase pensar perfectamente que Tigger sofre este déficit xa que na serie véselle sempre correteando ou brincando por alí sen prestar atención ás cousas, ou o que lle din os seus amigos. A característica esencial do trastorno por déficit de atención con hiperactividade é un patrón persistente de desatención ou hiperactividad-impulsividad, que é máis frecuente e grave que o observado habitualmente nos suxeitos dun nivel de desenrolo similar. Os suxeitos afectados por este trastorno poden non prestar atención suficiente a os detalles ou cometer errores por descoido nas tarefas escolares ou outros traballos.




Coello (Winnie The Pooh) : Trastorno obsesivo compulsivo.

A característica esencial do trastorno obsesivo-compulsivo é a presencia de obsesións ou compulsións de carácter recorrente o suficientemente graves como para provocar perdidas de tempo significativas. As obsesións defínense coma ideas, pensamentos impulsos ou imáxenes de carácter persistente que o individuo considera intrusas e non apropiadas e que provocan unha ansiedade ou malestar significativos. O que nos leva a pensar que  Coello sufra este trastorno é a súa gran obsesión pola súa horta.




O burrito Igor (Winnie The Pooh) : Depresión e narcolepsia.

A narcolepsia é un trastorno neurolóxico crónico que fai que ás vítimas propensas a durmirse durante o día. Durante as horas de vixía unha narcolepsia con frecuencia vai padecer somnolencia, e tende unha forma falar lenta e, posiblemente, incluso algúns problemas do fala.
Na serie de Winnie the Pooh o burro falando sempre parece como se estivese disposto a conciliar o sono.




Pinocho (Pinocho): Temos unha curiosidade

Un estudo aporta algo de verdade ao conto, xa que confirma que a nariz delata ás persoas cando menten, non porque aumente de tamaño, senón porque sube a temperatura e, coma consecuencia, inflámase levemente, aparecendo tamén lixeiramente enroxecida.




Fauna 💚🐾


Tinkerbell GlitterTinkerbell GlitterTinkerbell Glitter