TOP 1O DE...
Películas Disney&Pixar que máis triunfaron nas salas
Ola outra vez e benvidos outra vez ao noso pequeno Nunca Xamais, meus Peter Pans!
Nesta entrada veño a estrear (nunca mellor dito) unha nova sección do blogue. O seu nome será "Top 10 de..." e isto xa indica que consistirá nunha lista con dez postos. Poderán ser tanto obxectivos como persoais, e hoxe toca un top de datos obxectivos, no que tráiovos os dez filmes do estudo Disney&Pixar coas maiores recadacións.
10. WALL-E
En último lugar temos a película Wall-E. Esta película de ciencia ficción e comedia foi estreada en 2008, e aínda que última nesta lista, conseguiu recadar 521 millóns. Pero esta película esta chea de detalles que a fan marabillosa e grazas a isto converteuse na largometraxe de Pixar con máis nominacións aos premios Óscar onde levou o premio a: Mellor Película Animada.
Déxovos aquí abaixo o trailer en castelán.
9. MONSTRUOS SA
Saíu o ano 2001 e non deixou a ninguén indiferente. Demostrando que non temos que ver todos os monstros como algo terrorífico, Monstruos SA conseguiu namorarnos cunha parella tan divertida como Mike Wazowski e Sulley Sullivan xunto a pequena e adorable Boo. Foi merecedora do Óscar pola Mellor Canción Orixinal pola canción "If I Didn't Have You" de Randy Newman, e obtivo a nominación a Mellor Película de Animación. Esta entenrecedora comedia infantil está no noveno posto deste ránking con 525 millóns de dólares recadados.
8. ENREDADOS
Esta película chea de frescura, comedia e romance ocupa o oitavo posto e obtendo unha recadación mundial de 591.794.936 millóns de dólares. Conta cunhas esceas inolvidables e cheas de beleza e luz
7. RATATOUILLE
Estreada mundialmente no 2007, en Francia rompeu o récord de ser o debut máis grande para unha película animada. Nese mesmo ano gañou o premio Óscar a Mellor Película de Animación. Por todo o mundo este filme recadou 624 millóns de dólares, e por tanto, ocupa este sétimo posto no noso top.
6. LOS INCREÍBLES
Esta familia de superheroes formada por Bob, Helen, Violet, Dashiell e o pequeno Jack-Jack Parr encargáronse de machacar ao malvado Syndrome cando tiveron a oportunidade. Pero estos divertidos personaxes non so triunfan no campo de batalla senón que conquistaron os premios Óscar alá por 2004 sendo merecedores do premio a Mellor Película Animada e pola Mellor Edición de Son nese ano. O seu presuposto era de 92 millóns de dólares, pero sen embargo, conseguiron recadar nada máis e nada menos que 632 millóns. Sen duda un superfilme de categoría!
5. UP
E xa na metade do top, cunha das miñas favoritas. Drama, comedia, e chea de momentos entenrecedores e cos que probablemente se che escapen algunhas bágoas, Up, protagonizada por un vello algo rabudo, un neno explorador, un can moi cariñoso e un paxaro algo raro embarcaránse nunha aventura para conseguir cumprir os seus mayores soños nun "vehículo" tan estraño como unha casa atada a un milleiro de globos.
Lanzada en 2009, conseguiu unha recadación mudial de 731 millóns tendo en primeiro momento un presuposto de 175 millóns de dólares. Gañadora de dous Óscars: Mellor Película de Animación e Mellor Banda Sonora, Up obtivo outro premio aínda máis importante, chegar aos corazóns de centos de persoas (incluidísimo o meu ♥)
4. BUSCANDO A NEMO
Xa a nada do podio, temos esta película que marcou a infancia de miles de nenos por todo o mundo. Recadou máis de 936 millóns de dólares e foi gañadora do Óscar a Mellor Película de Animación. Quizais foi por motivo deste incríble éxito que fai pouco tempo tivo lugar a estrea de súa continuación, que ten como protagonista a un dos personaxes favoritos de todo o mundo, Dory, a esquecediza peixe cirurxián.
3. EL REY LEÓN
No terceiro posto deste ránking temos outra das nosas películas inolvidables e sen dúbida unha das favoritas da xente, El Rey León. Unha das películas máis premiadas nos Óscars e nos Globos de Ouro, sendo gañadora de dous Óscars: Mellor Banda Sonora e Mellor Canción Orixinal ("Can you feel the love tonight?"). Esta película ten, como se pode ver e escoitar, unha banda sonora de alucine xa que nos Globos de Ouro gañou tamén estas dúas categorías xa nomeadas ademais da Mellor Película Comedia ou Musical. Todos coñecemos a letra de cancións como "Circle of Life" ou "Hakuna Matata". Ademais musical baseado nela foi posto en escea en numerosos teatros e países do mundo.
Pois, ademais de todo o que xa dixemos, El Rey León é a terceira cinta que máis recadou, con 951 583 777 millóns de dólares.
2. TOY STORY 3
Toy Story foi unha das sagas de películas máis divertidas, entrañábeis e cheas de aventuras de toda a historia da animación. Neste caso estamos a falar da súa terceira entrega que ocupa o segundo posto deste top 10. Este filme, protagonizado polos xoguetes de Andy, un neno ao que xa lle toca ir a universidade nesta última película; gañou o premio Óscar a Mellor Película Animada e outro a Mellor Canción Orixinal, "We Belong Together", de Randy Newman, que xa nombramos anteriormente coa canción "If I Didn't Have You" de Monstruos SA, que tamén foi premiada nesta mesma categoría. E xa queda tan só unha película, o primeiro posto, xa que esta obtivo unha recadación mundial de 1.063 millóns de dólares.
1. FROZEN
E como non podía ser outra, Frozen ocupa o primeiro posto deste primeiro top 10 das películas que máis recadaron. Esta película pegou un cambio impresionante no mundo Disney&Pixar e nas súas princesas. Elsa converteuse nunha princesa diferente e sen dúbida no ídolo de miles de millóns de nenas no mundo. A partir de esta película fixéronse un montón de produtos, xoguetes, etc., e converteuse na favorita de moitísimos nenos e por suposto tamén adultos, xa que son disfrutables por todo o mundo. Aínda que na miña opinión foi un pouco sobrevalorada (por favor, non me matedes ultrafans de Frozen), este filme foi revolucionario e Elsa destacou entre as princesas tradicionais.
Gañadora do Óscar a Mellor Película de Animación e Mellor Canción Orixinal, obviamente con "Let It Go" ou "Suéltalo" ou "Libre Soy" ou como queirades chamala.
Frozen, dirixida por Chris Buck e Jennifer Lee, baseada na novela corta da Raíña das Neves de Hans Christian, converteuse na película de animación que máis triunfou nas salas da historia ao alcanzar 1.072 millóns de dólares por todo o mundo.
*Por certo, que sodes, #teamAnna ou #teamElsa? Eu #teamElsa 💙
E este foi o noso top das películas de Disney &Pixar que máis recadaron. Espero que vos gustara e pronto traerémosvos un novo top 10 doutra temática. Podedes deixar nos comentarios de que que vos gustaría que fose a seguinte lista e cal destas películas gústavos máis.
Vémonos pronto, Peter Pans!
Primavera 💙🌻
Encantaronme todas as películas do top
ResponderEliminarBo traballo!