Nesta entrada, meus pequenos fanáticos, vou citar algunhas das teorías Disney&Pixar máis curiosas e incribles, para que vos comades a cabeziña un pouco.
Obviamente, son simples hipóteses e non están confirmadas, pero todas teñen unha base moi sólida e a min, persoalmente, encántame lelas e descubrir un pouquiño máis sobre todo este universo animado.
Imos aló:
O PROFESOR PORTER É WALT DISNEY
A teoría defende
que o profesor Porter, o pai de Jane, representa ao mismísimo Walt
Disney. Baséase en que o profesor Porter tiña
dotes de dirección, debido á utilidade dese proxector e que dadas as habilidades incribles de Jane para o debuxo, esta axudou ao seu pai a crear todas as demáis famosas películas dentro de
Tarzán, sendo así ela a primeira animadora disney. Supostamente, esa é a historia de Walt Disney. O creador
de tantas películas foi tamén apoiado por un familiar, o seu irmán Roy
Disney.
ENREDADOS, FROZEN, TARZÁN E A SIRENITA
De algunha maneira, existe unha unión entre estas catro películas. Como? Unha teoría defende que a película de Frozen
ten lugar en Noruega, mentras que Enredados en Alemaña, grazas a algúns datos que se aportan nas películas. Así, os
pais de Elsa e Anna morreron mentras viaxaban á boda de
Rapunzel, á que podemos ver xunto a Flynn na película Frozen na coroación de Elsa. Tras entrar nunha tormenta nas
costas de Dinamarca, o barco afúndese, sendo así o barco que vemos na película da Sirenita, que ten lugar en Dinamarca.
Ademáis nunha conferencia realizada pola compañía, un dos guionistas da película Frozen admitiu que os pais de Elsa non morreron tras o accidente, senón que remataron nunha illa e morreron
devorados por un leopardo. Sóavos? Desa maneira é como morren os pais de Tarzán, o que significaría que este último é irmán de Elsa e Anna.
JANE É A NETA DE BELLA
De todas formas, non nos sorprendería este parentesco, xa que hai que admitir que o parecido entre ambas é innegable.
KOPA, O FILLO DE SIMBA
Esta teoría fixo chorar a moitos pola súa profundidade e polos argumentos que a defenden. Para comezar, debemos destacar que os leóns machos eran de cor diferente ás femias. Se vos fixades ben no final da primera parte da película, o fillo mostrado de Simba era amarelo intenso, é dicir, un varón. Sen embargo, na seguinte parte, a criatura pasa a ser de cor
crema, ou sexa, unha femia. Sendo así, a pregunta era: que aconteceu co fillo de Simba?Antes de publicar a segunda película, Disney publicou unha serie de libros complementarios nos que se falaba de Kopa, o primeiro fillo de Simba.
Segundo esta especulación, Kopa foi asasinado por Zira, a antagonista da secuela. Argumentos? Non te preguntaches nunca por qué Simba desterrou á leoa ou por qué sobreprotexía a súa filla Kiara?
E se isto non che é suficiente, na escena onde aparecen Kiara e Kovu e Simba confronta a Zira, esta ofrécelle ao seu fillo para que vengara a morte de Kopa coa morte do cachorro dela.
GOTHEL DE ENREDADOS É A MADRASTA DE BLANCANIEVES
Son moi parecidas físicamente, pero os fans sustentan a súa teoría na daga que Gothel garda nunha caixa, igual á da bruxa. Ademáis, ambas están obsesionadas coa beleza e con manterse novas.
BOO EN BRAVE
Segundo esta teoría, a bruxa que podemos ver nas escenas da película Brave é a mismísima Boo. Si si, a adorable nena de Monstruos S.A. Na cabana da bruxa podemos encontrar a imaxe tallada de Sulli que, xunto a Mike, axuda á pequena Boo a viaxar polas portas e por iso, cando esta é maior, quere viaxar polas portas outra vez para atopar ao seu amigo. Desta forma acabaría viaxando no tempo ata rematar na época de Mérida.
Isto é todo Peter Pans! Deixádeme saber a vosa opinión respecto a estas teorías nos comentarios, así como cal vos pareceu a máis fascinante e algunhas das vosas hipóteses.
Espérovos para o noso próximo té no País das Marabillas, que estará cheo de deliciosas e suculentas curiosidades!
Flora 🌺
Increíble, nunca me había fijado
ResponderEliminarEs alucinante la cantidad de secretos que esconden las películas Disney
ResponderEliminar