Meus
pequenos Peter Pans! Hoxe vou falar sobre algúns dos
trastornos dos personaxes de Disney.
Direi sobre que
trata o trastorno e porqué penso que ese personaxe o sofre. Espero que o desfrutedes
e vos resulte tan interesante como foi para min investigalo.
Ariel (La Sirenita) :Sindrome
de Dióxenes.
Ariel era unha
xoven serea que soñaba con ser humana, polo que pasaba gran parte do seu tempo recollendo calquera tipo de
utensilio que se caese dos navíos, ata o punto de acumular todo un
arsenal de culleres, instrumentos musicais e outros obxectos. Para ela
todo iso era un gran tesouro, pero a verdade é que concorda bastante coa
descripción das persoas afectadas polo Síndrome de Dióxenes, que tenden a illarse
na casa e xuntar lixos e todo tipo de obxectos inservibles.
Bella (La Bella y la Bestia) : Síndrome de Estocolmo.
Bella ten todos
os síntomas típicos do Síndrome de Estocolmo, que é unha reacción psicolóxica a
través da cal a vítima dun secuestro desenrola un vínculo afectivo
co responsable. Nestes casos, o propio secuestrador tamén comeza a
desenrolar sentimentos cara a vítima coma no caso da Bestia, que ata lle monta unha biblioteca xigante.
El Príncipe Encantador (La Cenicienta) : Prosopagnosia
O Príncipe
Encantador é o nome do príncipe da Cenicienta. Seus pais organizaron unha
festa no seu castelo ao que acudirían todas as mulleres solteiras de boa familia para que puidera elexir a
unha como esposa. A Cenicienta quería ir, pero coma súa malvada madrasta non lle deixou, utilizou
á maxia da súa fada madriña, que lle converteu os farrapos nun vestido de
princesa e unha cabaza da horta na caroza; só hasta ás 12 da noite. Cando
deron as campás da media noite, a moza estaba a bailar co príncipe é tivo
que saír correndo do pazo deixándose atrás un zapatiño de cristal. Ao non poder alcanzala, o príncipe recolleu o zapato e decidiu probárllelo a todas ás mozas do reino en busca
daquela que lle quedara ben. Pero...
non era máis fácil ir de vivenda en vivenda buscando a cara da muller coa que estivera a noite anterior?
Isto lévanos a pensar que o xoven padecía de prosopagnosia, que
provoca que aqueles ca padecen sexan incapaces de recoñecer os rostros.
Alicia (Alicia
en el País de las Maravillas) : Síndrome de Todd
(ou quizais fungos
alucinóxenos)
É probable que
Alicia tivera unha mala adicción ao LSD o os fungos alucinóxenos, o tamén
que padeza síndrome de Todd, unha enfermidade tamén chamada Síndrome
de Alicia no País das Marabillas pola relación nos seus síntomas. Pode estar
asociada a outros trastornos coma enxaquecas o a epilepsia e incluso nalgúns casos acompaña ás infeccións virais e
se caracteriza pola presenza dalgunhas alucinacións visuais como
distorsión dos tamaños, as formas os cores e incluso presenza de imaxes
múltiples.
Pocahontas
(Pocahontas) : Sinestesia e esquizofrenia.
O vento,
por definición, non pode verse. Como moito, podemos ver o resultado a
través das follas e outros obxectos que se moven, pero nunca o vento
en si. Sí que é máis frecuente facer referencia a os sílvidos
do vento, que tamén é unha consecuencia, pero é unha
referencia máis común. Pero ela insistía en ver cores, polo que é posible
que padecera sinestesia, unha cualidade que leva a quen as posúe
a identificar cun sentido ou estímulo normalmente asociado a outro.
Deste modo, estas persoas, por exemplo, solen afirmar que escoitan cores,
que ven sonidos ou que descobren cores no vento. Por
outra parte o feito de que Pocahontas fale cunha árbore e se
comunique cos animais e espíritos é, para os creadores
desta teoría, un claro síntoma de esquizofrenia. Isto caracterizase pola
falta de percepción da realidade ou alteracións da percepción.
Peter
Pan (Peter Pan) : Síndrome que leva seu nome.
No caso do síndrome
de Peter Pan non se trata dunha personaxe cun síndrome, se non que
hai un síndrome que leva directamente o seu nome. Como
sabedes, este rapaz decidiu que non quería crecer, e escapou cara o País de
Nunca Xamais, onde se fixo líder
dos Nenos Perdidos. O problema é que algunhas persoas non aceptan que é inevitable
crecer e acaban desenrolando este síndrome,
caracterizado por síntomas asociados a ansiedade e a
depresión, que normalmente preséntanse en acompaña dunha falla de
autoestima.
Aurora (La Bella Durmiente): Hipersomnia.
Aurora, a
princesa que durmiu desde os 16 anos durante un longo período... sofre un
caso grave de Hipersomnia. Este trastorno caracterizase por somnolencia
excesiva diaria. Quen o padece sofre longos episodios de soño nocturno e continúa
durmindo durante o día.
Cenicienta (La Cenicienta) : Trastorno da personalidade por dependenza.
Segundo esta
teoría, a princesa padece un trastorno da personalidade por dependencia.
Os individuos que o sofren teñen uha necesidade excesiva de que se ocupen deles e un gran temor pola separación. Cenicienta era a servinte
das súas irmás por parte de nai e pasa a ser a acompañante do príncipe.
Winnie Pooh (Winnie
The Pooh) : Trastornos da conducta alimentaria.
Este trastorno caracterízase por comer moitísimo de maneira recorrente que se asocia a probas subxectivas e comportametales da falta de
control sobre a alimentación e malestar clínicamente significativo, e que
non se acompañan das estratexias
compensatorias (Exemplos: autoindución do vómito, abuso de fármacos, non comer...).
compensatorias (Exemplos: autoindución do vómito, abuso de fármacos, non comer...).
Piglet (Winnie The Pooh) :Trastorno
por ansiedade xeneralizada.
A característica
esencial do trastorno de ansiedade xeneralizada é a ansiedade e a
preocupación excesiva que se observan durante un período superior de 6
meses e que se centran nunha amplía gama de acontecementos e situacións.
Tigger (Winnie
The Pooh) : Déficit de atención/hiperatividade.
Poderíase pensar perfectamente
que Tigger sofre este déficit xa que na serie véselle sempre
correteando ou brincando por alí sen prestar atención ás
cousas, ou o que lle din os seus amigos. A característica
esencial do trastorno por déficit de atención con hiperactividade é un
patrón persistente de desatención ou hiperactividad-impulsividad, que é máis
frecuente e grave que o observado habitualmente nos suxeitos
dun nivel de desenrolo similar. Os suxeitos
afectados por este trastorno poden non prestar atención suficiente a
os detalles ou cometer errores por descoido nas tarefas escolares ou
outros traballos.
Coello (Winnie
The Pooh) : Trastorno obsesivo compulsivo.
A característica
esencial do trastorno obsesivo-compulsivo é a presencia de obsesións
ou compulsións de carácter recorrente o suficientemente graves como para
provocar perdidas de tempo significativas. As obsesións defínense coma ideas,
pensamentos impulsos ou imáxenes de carácter persistente que o individuo
considera intrusas e non apropiadas e que provocan unha ansiedade ou
malestar significativos. O que nos leva a pensar que Coello
sufra este trastorno é a súa gran obsesión pola súa horta.
O burrito Igor (Winnie
The Pooh) : Depresión e narcolepsia.
A narcolepsia é un trastorno neurolóxico crónico que fai que ás vítimas
propensas a durmirse durante o día. Durante as horas de vixía unha narcolepsia
con frecuencia vai padecer somnolencia, e tende unha forma falar lenta e,
posiblemente, incluso algúns problemas do fala.
Na serie de
Winnie the Pooh o burro falando sempre parece como se estivese disposto a
conciliar o sono.
Pinocho (Pinocho):
Temos unha curiosidade
Un estudo
aporta algo de verdade ao conto, xa que confirma que a nariz delata ás persoas
cando menten, non porque aumente de tamaño, senón porque sube a temperatura e,
coma consecuencia, inflámase levemente, aparecendo
tamén lixeiramente enroxecida.
Fauna 💚🐾
Woau! Non sabía nada disto! Gustoume moito :)
ResponderEliminarO único que sabía que existía era o de Bela, moi interesante!
ResponderEliminarEncantoume a curiosidade =)