Cute Finding Nemo

lunes, 6 de marzo de 2017

TOP 1O DE...

TOP 10 DE...

Películas animadas Disney que resultaron pouco exitosas

Saúdos a todos e a todas, meus Peter Pans. No día de hoxe toca outro dos nosos tops 10. A lista que vamos ensinarvos nesta entrada non vai nun orden ascendente senón que simplemente os elementos que a forman son os que máis destacaban, pero na miña opinión ningún o facía máis ca outro. Simplemente vounas ordear cronolóxicamente.
Todos coñecemos esas películas de debuxos que marcaron a nosa infancia e das que os nosos pais estaban fartos de ver unha e outra e outra vez. Entre elas podemos recordar títulos como El Rey León, Buscando a Nemo, La Bella y la Bestia, Aladdín... Seguramente cada un de vos tedes unha película que marcou a vosa nenez. Podedes contarme nos comentarios cal das películas Disney&Pixar era a vosa favorita, e se iso cambiou.
Pero, hoxe vimos falar xusto do contrario, das olvidadas, desas películas que daban pola tele as tardes do fin de semana, esas que non adoitan ser as favoritas de ninguén, e por iso hoxe, imos recordalas e facerlles unha mención especial.
Comezamos!!


1. LOS ARISTOGATOS (1970)

Esta é unha adaptación da historia co mesmo nome, escrita por Tom McGowan e Tom Rowe. Preséntanos a Duquesa, unha gata que vive coas súas tres crías na casa da súa dona millonaria, que planea deixarlles toda a fortuna tras a súa morte. Por este motivo, o seu mayordomo, Edgar, decide secuestrar aos gatos e facelos desaparecer para quedar coa herdanza. Duquesa esperta cos seus cachorros no medio da campiña, onde son axudados por O'Malley, un gato da rúa que decide guiálos de regreso a cidade.
Esta película é sen dúbida un clásico, pero no momento da súa estrea non obtivo a mellor recepción, sendo denominada como "aceptable" e incluso "regular". Un dos principais contras do filme é que moito do seu contido e referencias culturais pérdense a cauda da tradución a outro idioma.

Persoalmente esta película non podería dicir que é das miñas favoritas nin moito menos pero está ven para pasar un rato e ten algunhas cancións bastante divertidas.






2. BASIL, EL RATÓN SUPERDETECTIVE (1986)

Baseada na serie de libros infantís Basil de la Calle Baker, escritos por Eve Titus entre 1958 e 1982. Preséntannos as aventuras de Basil, un rato detective que rinde tributo a Sherlock Holmes, detective cuxas novelas foron redactadas polo impresionante Arthur Conan Doyle.
A película está protagonizada por este simpático rato, que está a investigar o caso dun fabricante de xoguetes que foi secuestrado polo vilán Profesor Ratigan, quen quere crear un autómata que imite a raíña. O filme está ambientado na cidade de Londres, na época vitoriana.
Basil, el ratón superdetective foi ben recibida polo púclico e pola crítica norteamericana, pero non da mesma maneira coa versión internacional, en parte debido a que recorre moito a un coñecemento previo da obra de Doyle para entender moitas das referencia, o que limitou a moito do público infantil para o cal estaba pensado.
Para min, esta peli é moi bonita e divertida. Eu son fanática das novelas de Conan Doyle, e Sherlock Holmes é un persoaxe que me encanta, de feito, vexo moitas series e vin moitas pelis baseadas na súa vida e aventuras xunto o doutor Watson. Por este motivo, esta película non podía decepcionarme. Eu penso que sen dúvida é divertida e, a pesar de que se fixeron moitas adaptacións, películas e series que tiñan como base estos persoaxes, é xenial que os nenos tamén podan disfrutar destos magníficos misterios. 
Déixovos por aquí unha canción da película que a verdade e que recordo moi ben de cando a escoitaba de pequena 😋










3. OLIVER Y SU PANDILLA (1988)

Esta película segue as aventuras de Oliver, un cachorro de gato orfo que quedou só na cidade e que finalmente é axudado por Dodger, un Fox Terrier da rúa truán que lidera unha banda de cans ladróns e carteiristas para Fagin, un pequeno delincuente pero de bo corazón. Dodger é un can despreocupado, intelixente, carismático experto no roubo e nas rúas, baseado en Jack Dawkins, alias O Tramposo Dodger, o neno ladrón en Oliver Twist. Fagin intenta cobrar un rescate por Oliver a unha familia de diñeiro pero vese envolto por un intento de secuestro liderado por Skyes, un prestamista desalmado.
A banda de cans liderada por Dodger, está formada por:
  •  Tito, un diminuto can chihuahua, con moito carácter para o seu tamaño, que está tolamente namorado de Georgette, unha pretenciosa caniche mascota dos Foxworth.
  • Einstein, un Gran Danés gris, amigable e inocente.
  • Francis, un bulldog con acento británico aficionado á arte e ao teatro.
  • Rita, saluki responsable, madura e moi fermosa, a única femia deste peculiar grupo. 
Este filme está algo baseado (MOI libremente) no libro Oliver Twist, escrito por Charles Dickens en 1838,
Foi a primeira película de Disney ambientada na actualidade (desa época) e pese ao seu éxito moderado nas salas, non foi posta á venta para os fogares ata oito anos despois, o que reduciu moito a súa popularidade en moitos países, e fíxoa pasar desapercibida.
Se non a coñecíades, recoméndovola. Para min, unha película moi tenra, con personaxes sen dúvida divertidos, que ensina sobre a amizade e a pesar de que o adoza moito, por suposto, xa que é unha peli dirixida principalmente a un público infantil, ilustra a realidade dos animais da rúa e que foron abandoados, comparándoa coa vida das mascotas que posúen todos os luxos.






4. DINOSURIO (2000)


Filmada en escenarios reais pero empregando imaxes computarizadas para recrear animais prehistóricos. 
Esta película preséntanos a Áladar, un dinosaurio iguanodon cuxo ovo é robado do nido e termina sendo rescatado por unha familia de lémures. Ao comezar a chuvia de meteoros que altera a Terra comeza a separación dos continentes. 
Áladar, xa adulto, debe emigrar coa súa familia xunto as manadas de hervíboros para buscar un lugar con auga, mentres escapan dos depredadores.
Xunto a Zini e Neera, Áladar atopa unha grande amizade e amor.

Aínda que visualmente esta película destaca incluso actualmente, segundo os críticos a historia é simple e bastante xenérica, pecando de ter demasiados diálogos innecesarios. A estrutura argumental é tan básica, incluso predicible, que permitiría que a película funcionara mellor sendo muda. 

En resumo, unha animación marabillosa cunha historia que se lle queda escasa e pequena para a calidade da imaxe.




5. ATLANTIS, EL IMPERIO PERDIDO (2001)

Atlantis, película provista dunha gran preprodución e dun traballo coidado tanto no desenvolvemento dos escenarios como na personificación dunha cultura atlante, tendo un idioma fiticio, propio, coherente e funcional.

A trama xira en torno a Milo Thatch, un mozo lingüísta fascinado coa cidade perdida da Atlántida, que logra formar parte dunha viaxe de investigación independente. Milo e o equipo conseguen chegar ata esta cidade hundida, onde se revelan os integrantes que planeaban saquear a cidade para enriquecerse.
Foi catalogada pola crítica como demasiado complexa pero resolta de maneira simple e algo apresurada. Nesto a verdade e que estou bastante de acordo. O tema da película paréceme único e pouco visto, ademais de moi interesante, pero penso que non o souberon enfocar demasiado ben.

Tampouco tivo moita sorte nas salas, dado que ese mesmo ano competiu coa gañadora do Oscar, Sherek, película de Dreamworks.





6. EL PLANETA DEL TESORO (2002)

Baseada de forma libre na novela "A Illa do Tesouro", escrita en 1883 por Robert Louis Stevenson.
A histora, aínda que cambiada, é esquemáticamente igual ca do libro. Céntrae en Jim Hawkins, adolescente problemático que herda un mapa estelar para atopar o planeta onde o temible pirata Flint escondeu un enorme tesouro. Durante a viaxe, Jim faise amigo de "Long", John Silver, o cociñeiro de abordo que resulta ser un pirata que pertenceu a tripulación de Flint e que planea tomar o tesouro para el.
Aínda que tivo certo éxito, a película foi moi atacado polos amantes do libro orixinal, planteando que é moi "ofensiva" para a obra de Stevenson, pecando ademais de presentar personaxes un tanto estereotipados cun protagonista principal pouco carismático. 
Pasando a miña opinión persoal... Serei un becho raro, pero a min gustoume. De pequena recordo vela e quedar namorada do seu protagonista, Jim. Ademais da extraña forma de vida rosa que aparece, Morfo. 
Penso que esta película rompe un pouco coas demais películas de Disney, e ten un estilo e unha imaxe preciosas. 




7. ZAFARRANCHO EN EL RANCHO (2004)

Esta película está ambientada no vello oeste, a historia xira en torno a Maggie, a Señora Calloway e Grace, un trío de vacas que deciden capturar a Alameda Slim, un peligroso ladrón de gando, para cobrar a recompensa e salvar da bancarrota a granxa na que viven. Durante a viaxd son perseguidas por Buck, un cabalo desexoso de aventuras que quere capturar el só a Alameda para probarse ante Rico, un famoso caza recompensas. 
Este filme está pragado de divertidas referenzas aos vellos clásicos western e a shows televisivos dos oitenta. A película está considerada como unha das máis regulares de Disney; divertida, pero olvidable, xa que a súa cantidade de drama é bastante baixa. facendo que sexa práticamente unha comedia paródica para nenos. 
Na miña opinión ten momentos graciosos pero quédase algo absurda e sen sentido.




8. CHICKEN LITTLE (2005)

Inspirada (moi lixeiramente) por unha fábula norteamericana do mesmo nome. A historia xira en torno a Chicken Little, un polo pequeno que se converteu no centro das burlas do seu pobo cando alertou a todos berrando  que o ceo estábase caendo. Cando finalmente logr saír desa sombra de vergonza, volve a sufrir un accidente que lle proba que hay extraterrestres sobre o seu pobo, os cales están buscando ao seu fillo desaparecido na terra.
Esta película chamou a atención do público e os seus números foron bos, pero as críticas condearon o filme como aburrido, sen estrutura sólida e con personaxes pouco carismáticos que simplemento non sabían chegar ao público.
Segundo a miña opinión é unha peli divertida con moitos momentos nos que escachei de risa. Peca un pouco de meter moitas cousas e temas nunha soa película pero sen dúbida pode sacarte unhas boas gargalladas. Déixovos aquí, ademais do tráiler, un deses momentos máis característicos da película:







9. SALVAJE (2006)

O león Samson vive no zoolóxico de Central Park onde leva unha vida tranquila e relaxada, contándolle ao seu fillo Ryan sobre as súas aventuras cando vivía na selva, aínda que en realidade Samson mente, xa que foi criado no cativerio. Cando está a punto de confesarlle a verdade ao seu fillo, Ryan é erróneamente embarcado para devolvelo a selva. Samson e o seu grupo de animais do zoolóxico (e algúns da cidade), escapan para buscar ao cachorro.
Se algunha vez víchedes a película Madagascar poderedes atopar as moitísimas similitudes que hai entre estas dúas, pero é que Madagascar foi estreada no 2005, xa un ano antes. E se vos digo a verdade, se queredes unha película de esta temática, eu escollería a de Dreamworks, xa que é moito máis divertida e interesante, ten unhas personaxes moito máis divertidas e únicas, e con momentos que todos recordaremos... Eu quero marcha marcha! 
Ademais Salvaje tivo moitísimo menos éxito, neste caso, con razón. Tamén prefiro o estilo de debuxo de Madagascar, que fai ós personaxes menos realistas e é máis acertado. Síntoo por Disney, pero este partido gañouno Dreamworks!






10. DESCUBRIENDO A LOS ROBINSONS (2007)

Baseada de maneira libre no libro infantil de 1990: Un día con Wilbur Robinson de William Joyce.
A pelícua está enfocada en Lewis, un neno orfo que soña con convertirse en inventor. Un día chega ata o seu fogar Wilbur Robinson, un mozo da súa idade que leva a Lewis ata o futuro, onde toda a sociedade funciona grazas aos inventos do seu pai. Wilbur pretende que Lewis repare unha máquina do tempo, para poder deter a un vilán que está alterando a línea temporal.
Aínda que foi un éxito nos cines, a película recibiu críticas que a catalogaban entre moderadamente divertida ou incluso como un dos peores filmes animados de Disney, que se enfocaba máis no efecto impactante do detalle visual antes de desenvolver mellor aos seus personaxes.
Eu creo que non merece tan duras críticas. Se ben é certo que ás veces o argumento cambaléase un pouco nalgúns momentos, os escenarios e a animación son maravillosos, creando un futuro de cero, o cal paréceme que ten moito mérito. Ademais conta unha historia bonita e cunha grande creatividade que a min, persoalmente, fai que todas esas cores que se ven na pantalla me entreguen totalmente a película. Pode parecer unha película chea de loucura, pero a loucura non ten sempre que ser mala, se está chea de diversión!





E ata aquí este top, Peter Pans! Quero saber nos comentarios se coñecíades algunha, todas, ou ningunha destas películas e cal vos gusta máis ou menos. Para min a mellor destas sería Basil ou Oliver y su pandilla, e a peor Dinosaurios ou Salvaje, síntoo por aqueles aos que vos gusten! 😅
Pero penso que toda película merece ser vista por algunha razón ou por outra polo cal, dádelles unha oportunidade! 
Vémonos pronto na nosa seguinte entrada e tamén nos comentarios. Podédesme deixar o contido que queredes ver no noso blogue e ata entón... hakuna matata!!!


Primavera 💙🌻

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tinkerbell GlitterTinkerbell GlitterTinkerbell Glitter