Cute Finding Nemo

martes, 21 de marzo de 2017

TIPOS DE DESEÑOS DAS PRINCESAS DISNEY

Pequenos Peter Pans, hoxe tráiovos distintos deseños que fixeron artistas das famosas princesas de Disney e comentaremos un pouco cada tipo de debuxo.

  • Primeiro estilo: Comezarei cun estilo "anime". Este estilo de debuxo é orixinario de Xapón, e caracterízase polos seus ollos grandes e expresivos. Estes debuxos están cheos de cores e luces que fan que non podas apartar os ollos deles, non si?



Elsa de Frozen




Kida de Atlantis


Blancanieves de Blancanieves y los siete enanitos


 Aurora de La Bella Durmiente


Mérida de Indomable


Cenicienta de  La Cenicienta


Anna de Frozen


Mulán de Mulán


Rapunzel de Enredados


Ariel de La Sirenita


Jasmín de Aladdín


Bella de La Bella y la Bestia


Tiana de Tiana y el sapo






  • Segundo estilo: Neste estilo as princesas están vestidas cunhas prendas das personaxes dun famoso xogo chamado "LOL". Poderïamos dicir que intentan facer un cosplay sobre elas.


Aurora > Ahri




Elsa > Ashe



 Rapunzel > Jinx




Blancanieves > Fiora



Bella > Leona


Jasmín > Akali


 Ariel > Miss Fortune





  • Terceiro estilo: Aquí o artista móstranos como deberían vestir as princesas de acordo á época na que se baseou a historia. Teñen un montón de detalles que fan os vestidos realmente fermosos. Eu de verdade namoreime da divertida imaxe de Tiana e da beleza oriental de Jasmín.


Bella ano 1700 (Francia)




 Aurora ano 1300 (Italia)




 Pocahontas ano 1600 (Sur América)


 Rapunzel 1820 (Alemaña)



 Tiana 1920 (Nova Orleans)


Jasmín 300 (Arabia)



Blancanieves 1500 (Alemaña)





  • Por último, o cuarto estilo: É un estilo moi adorable e riquiño, cercano ao chibi. Este é un adxectivo de orixe xaponés que fai referencia a algo infantil ou a unha persona pequena. E este estilo infantiliza ás princesas Disney para darlles un aspecto de nenas moi moi bonito, con cores pastel e moi suaves.



Cenicienta (La Cenicienta)



Mulán (Mulán)



Aurora (La Bella Durmiente)



Rapunzel (Enredados)



Blancanieves (Blancanieves y los siete enanitos)



Bella (La Bella y la Bestia)



Ariel (La Sirenita)



Pocahontas (Pocahontas)



Jasmín (Aladdín)



Tiana (Tiana y el sapo)




Como estes hai moitísimos máis xa que o universo disney é inspiración de miles de debuxantes polo mundo. Se queredes unha segunda entrada en relación con isto, só tedes que pedirma! Eu encantadísima. 
E isto foi todo meus pequenos Peter Pans! Espero que o disfrutárades moito!


                                                                                                               Fauna 💚🐾

viernes, 10 de marzo de 2017

A HISTORIA ORIXINAL: "LA BELLA DURMIENTE"


Todos coñecemos a historia desta princesa, Aurora: recibe unha maldición de nena pola cal aos 16 anos pincharase coa agulla dunha roca e sumirase nun profundo sono. Isto sucede e a princesa durme ata que o bico dun aposto príncipe a esperta.



Esta é a versión máis coñecida, pero a orixinal e máis antiga rexistrada escribiuse en 1635 por Giambattista Basile, baixo o título "Sol, Lúa e Talía":




Talía, a filla dun gran rei, corre o risco de pincharse cunha estela envelenada oculta entre liño, según lle advirten ao seu pai sabios e astrólogos. O rei decide prohibir a entrada de lino ao palacio e así mantén á princesa sá e salva ata que un día, sendo xa adolescente, atopa unha roca para hilar liño e se lle crava baixo a unlla, caendo morta. O rei, doído pola pérdida e incapaz de enterrala, deposita o cadávere da súa filla sobre unha tela de terciopelo, pecha o palacio e abandóao.

Un nobre que adoita cazar no bosque segue ao seu falcón, que o atrae ao palacio abandoado, onde encontra á princesa, que en realidade non estaba morta senón baixo un profundo sono. Rápidamente queda prendado pola súa fermosura e, non contento con bicala, tras intentar espertala, viólaa.

Nove meses despois a princesa Talía, aínda durmida, dá a luz a dous xemelgos, un neno e unha nena chamados Sol e Lúa. Os nenos son coidados polas fadas que acompañan á princesa mentres durme. Un día o neno trata sen éxito algún collerse do peito da súa nai, atopando finalmente o seu dedo. Tras chupálo, logra casualmente extraerlle da pel á súa nai a estela envelenada, facendo así que esta recupere nese preciso momento o coñecemento, uns cen anos despois de caer durmida.

Pasa o tempo e o nobre decide acudir de novo ao palacio, encontrándose alí coa princesa e as dúas criaturas. O príncipe dase conta de que son os seus fillos e así llo explica a Talía, que lonxe de enoxarse decide iniciar unha relación consentida con el.

Pasan xuntos unha marabillosa semana e entón o nobre marcha de novo, xa que ten unha esposa, que cando se entera da dobre vida do seu marido ao escoitalo falar en soños de Talía, Sol e Lúa, ordena raptar aos nenos, degolálos e facer coa súa carne un sabroso prato.
Non contenta, decide queimar viva a Talía. Esta solicita poder quitarse as súas prendas máis delicadas, ao que a muller accede. Con cada prenda a princesa emite un grito de dor, sons que o nobre acaba oíndo.

A esposa explícalle ao seu marido que Talía vai ser queimada e que, durante a comida, comérase aos seus fillos. Non obstante, en realidade Talía non chega a queimarse e o cociñeiro, que se vía incapaz de lastimar aos pequenos, substituíraos por carne de cabra.

Finalmente, o nobre manda queimar a súa esposa na fogueira, casa con Talía e otórgalle ao cociñeiro o título de tesoreiro real.


 
Como podedes ver, esta historia non é en absoluto apta para nenos e está claro que pasou por un gran proceso de docificación e infantilización, o que eu chamaría "boa capa de maquillaxe", ata transformárse na historia relatada na famosa película de Disney.
Ademais, as fadas que axudan a Aurora na película case non aparecen! Pero e que Disney sabe ben o que é calidade, e claro, nós non podíamos faltar!







Comparando as dúas versións, identifícome moitísimo con Peter Pan... Eu quixera ser nena para sempre!
E vós, con cal vos quedades?




          Flora 🌺

lunes, 6 de marzo de 2017

TEORÍAS DISNEY&PIXAR


Nesta entrada, meus pequenos fanáticos, vou citar algunhas das teorías Disney&Pixar máis curiosas e incribles, para que vos comades a cabeziña un pouco.
Obviamente, son simples hipóteses e non están confirmadas, pero todas teñen unha base moi sólida e a min, persoalmente, encántame lelas e descubrir un pouquiño máis sobre todo este universo animado.
Imos aló:




O PROFESOR PORTER É WALT DISNEY
 
A teoría defende que o profesor Porter, o pai de Jane, representa ao mismísimo Walt Disney. Baséase en que o profesor Porter tiña dotes de dirección, debido á utilidade dese proxector e que dadas as habilidades incribles de Jane para o debuxo, esta axudou ao seu pai a crear todas as demáis famosas películas dentro de Tarzán, sendo así ela a primeira animadora disney. Supostamente, esa é a historia de Walt Disney. O creador de tantas películas foi tamén apoiado por un familiar, o seu irmán Roy Disney.






ENREDADOS, FROZEN, TARZÁN E A SIRENITA

De algunha maneira, existe unha unión entre estas catro películas. Como? Unha teoría defende que a película de Frozen ten lugar en Noruega, mentras que Enredados en Alemaña, grazas a algúns datos que se aportan nas películas. Así, os pais de Elsa e Anna morreron mentras viaxaban á boda de Rapunzel, á que podemos ver xunto a Flynn na película Frozen na coroación de Elsa. Tras entrar nunha tormenta nas costas de Dinamarca, o barco afúndese, sendo así o barco que vemos na película da Sirenita, que ten lugar en Dinamarca.
Ademáis nunha conferencia realizada pola compañía, un dos guionistas da película Frozen admitiu que os pais de Elsa non morreron tras o accidente, senón que remataron nunha illa e morreron devorados por un leopardo. Sóavos? Desa maneira é como morren os pais de Tarzán, o que significaría que este último é irmán de Elsa e Anna.

Imagen relacionada
Imagen relacionada

Resultado de imagen de padres tarzan

JANE É A NETA DE BELLA

De novo en Tarzán, podemos ver a Terk facendo que toca uns tambores golpeando unha colección de taciñas de té que se parecen moito ás que formaban parte a señora Potts e ao seu pequeno Chip na película La Bella y La Bestia. ¿Herdaríaas da súa avóa? 
De todas formas, non nos sorprendería este parentesco, xa que hai que admitir que o parecido entre ambas é innegable.
Imagen relacionada



KOPA, O FILLO DE SIMBA

Esta teoría fixo chorar a moitos pola súa profundidade e polos argumentos que a defenden. Para comezar, debemos destacar que os leóns machos eran de cor diferente ás femias. Se vos fixades ben no final da primera parte da película, o fillo mostrado de Simba era amarelo intenso, é dicir, un varón. Sen embargo, na seguinte parte, a criatura pasa a ser de cor crema, ou sexa, unha femia. Sendo así, a pregunta era: que aconteceu co fillo de Simba?
Antes de publicar a segunda película, Disney publicou unha serie de libros complementarios nos que se falaba de Kopa, o primeiro fillo de Simba.
Segundo esta especulación, Kopa foi asasinado por Zira, a antagonista da secuela. Argumentos? Non te preguntaches nunca por qué Simba desterrou á leoa ou por qué sobreprotexía a súa filla Kiara?
E se isto non che é suficiente, na escena onde aparecen Kiara e Kovu e Simba confronta a Zira, esta ofrécelle ao seu fillo para que vengara a morte de Kopa coa morte do cachorro dela.



Resultado de imagen de hijo de simba



GOTHEL DE ENREDADOS É A MADRASTA DE BLANCANIEVES

Son moi parecidas físicamente, pero os fans sustentan a súa teoría na daga que Gothel garda nunha caixa, igual á da bruxa. Ademáis, ambas están obsesionadas coa beleza e con manterse novas.

Resultado de imagen de gothel es bruja blancanieves

Resultado de imagen de gothel enredados daga



BOO EN BRAVE

Segundo esta teoría, a bruxa que podemos ver nas escenas da película Brave é a mismísima Boo. Si si, a adorable nena de Monstruos S.A. Na cabana da bruxa podemos encontrar a imaxe tallada de Sulli que, xunto a Mike, axuda á pequena Boo a viaxar polas portas e por iso, cando esta é maior, quere viaxar polas portas outra vez para atopar ao seu amigo. Desta forma acabaría viaxando no tempo ata rematar na época de Mérida.



Resultado de imagen de boo en braveResultado de imagen de boo en brave




Isto é todo Peter Pans! Deixádeme saber a vosa opinión respecto a estas teorías nos comentarios, así como cal vos pareceu a máis fascinante e algunhas das vosas hipóteses.
Espérovos para o noso próximo té no País das Marabillas, que estará cheo de deliciosas e suculentas curiosidades!


Flora 🌺









Tinkerbell GlitterTinkerbell GlitterTinkerbell Glitter